Derecho civil, penal y administrativo en Vigo

A XUNTA FLEXIBILIZA OS DESPRAZAMENTOS ÁS HORTAS DE AUTOCONSUMO E AMPLIA O PRAZO DA LIMPEZA DE BIOMASA NA FRANXA DE 50 METROS DENDE AS VIVENDAS PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Publicado: 26 de abril de 2020, 09:31
  1. NOTICIAS DEL DESPACHO
A XUNTA FLEXIBILIZA OS DESPRAZAMENTOS ÁS HORTAS DE AUTOCONSUMO E AMPLIA O PRAZO DA LIMPEZA DE BIOMASA NA FRANXA DE 50 METROS DENDE AS VIVENDAS PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Na reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop)  de Galicia, que se celebrou onte -25 de de abril- aprobáronse unha serie de medidas de flexibilización respecto do confinamiento ordeado debido á pandemia do COVID-19, e, en concreto, en relación cos desprazamentos ás hortas de autoconsumo, a Consellería do Medio Rural aprobará unha nova Orden na que se determinará que as persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados como tales, é dicir, con fins non comerciais, e polo tanto non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención das súas leiras sempre dentro do termo municipal da súa residencia habitual.

No caso de que a horta estea nun concello diferente ao da súa vivenda habitual, permítese o desprazamento sen superar nunca os 5 quilómetros de distancia desde a casa. Desta forma, elimínase a anterior limitación, que era de 500 metros.

Iso sí, en ambos casos, as persoas que se despracen para tales fins deberán aportar unha declaración responsable.

Na mesma Orde da Consellería de Medio Rural se prevé regular, en relación coa prevención dos incendios forestais, prorrogar o prazo legal para cumprir coa obriga de execución da xestión da biomasa nas franxas secundarias (as dos 50 metros próximos ás vivendas), de tal xeito que se engadirá ao prazo habitual do 31 de maio os días transcorridos durante o estado de alarma, sen que en ningún caso poidan realizarse as limpezas máis alá do 31 de xullo de 2020 inclusive.

Podes ler o enlace do comunicado do Cecop a continuación:

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48563/xunta-flexibiliza-obras-interior-edificios-desprazamentos-hortas-autoconsumo

Noticias relacionadas

LA COMUNIDAD DE MONTES DE AREAS RECUPERA DEFINITIVAMENTE EL VIVERO FORESTA QUE VENÍA GESTINANDO LA XUNTA 30 may

LA COMUNIDAD DE MONTES DE AREAS RECUPERA DEFINITIVAMENTE EL VIVERO FORESTA QUE VENÍA GESTINANDO LA XUNTA

Después de 7 años desde la firmeza de la sentencia que declaró el VIVERO FORESTAL DE AREAS (Tui) como perteneciente a la CMVMC de AREAS, vivero que cuenta con 12 Has de superficie, una plantación de pino radiata única en toda Galicia, así como con un arboreto con especies forestales que rebasan los
REQUISITOS PARA FACER OS DESPRAZAMENTOS ÁS HORTAS DE AUTOCONSUMO SEGUNDO A ORDE DE 27/4/2020 (INCLÚENSE MODELOS DA DECLARACIÓN RESPONSABLE) 28 abr

REQUISITOS PARA FACER OS DESPRAZAMENTOS ÁS HORTAS DE AUTOCONSUMO SEGUNDO A ORDE DE 27/4/2020 (INCLÚENSE MODELOS DA DECLARACIÓN RESPONSABLE)

Tralo anuncio do acordo aprobado polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop)  de Galicia o pasado día 25 de de abril, a Consellería de Medio Rural ven de aprobar a súa Orde de 27/4/2020, pola que se modifica a súa anterior Orden na que se regulaba, entre outras cuestións, <<o desprazamento
BUGARIN & GAGO ABOGADOS CONTINUA A DISPOSICIÓN DE SUS CLIENTES EN ESTOS TIEMPOS TAN DIFÍCILES 25 mar

BUGARIN & GAGO ABOGADOS CONTINUA A DISPOSICIÓN DE SUS CLIENTES EN ESTOS TIEMPOS TAN DIFÍCILES

Por responsabilidad, dada la pandemia de coronavirus que estamos padeciendo, desde el pasado 13 de marzo BUGARIN & GAGO ABOGADOS no atiende de forma presencial en su Oficina de Vigo, pero estamos completamente a disposición de nuestros clientes, al estar equipados con nuestros portátiles y